Como entrar na aula virtual e entrega de tarefas.



Bos días!

Ao longo do día de hoxe enviarei ás familias a través de abalarMóbil o voso nome de usuario e contrasinal para que poidades acceder á Aula Virtual do Colexio (Moodle), que empregaremos, polo momento, para recibir e poder comentar os vosos traballos.

Para acceder á Aula Virtual só tedes que entrar na páxina web do Colexio,  www.colexionslourdes.es e, en Enlaces, premer sobre Aula Virtual (acceso restrinxido). A continuación, introducides os vosos datos (usuario e contrasinal) e poderedes ver: Departamento Orientación/Aula de Audición e Linguaxe, English e 4ºEducación Infantil. Dentro de Educación Infantil  hai xa creada a entrada para a entrega dalgunha tarefa. Tamén hai a opción de entregar algún outro traballo que fixerades e que vos faga ilusión compartir no Baúl de actividades.
Para guiarvos no proceso preparamos este vídeo:



MATERIAL QUE PODE SER DE AXUDA ↴


Boas tardes a tod@s. A nosa preocupación por ir atopando ferramentas que faciliten o envío de tarefas aos profes lévanos ás veces a tirar de recursos que seguramente temos todos pero que igual non coñecemos. Hoxe queremos presentarvos este recurso gratuíto por se pode ser da vosa utilidade. Chámase Microsoft Office Lens – PDF Scanner. Posibilita facer unha foto de calquera documento (PDF, ficha, folio, folla da libreta…) co teléfono móbil 📱 e convertela automaticamente a formato PDF 📜, co cal é máis doado de gardar e de enviar. Deixámosvos os enlaces ás páxinas onde poderedes atopar a información desta ferramenta 👇 .
Saúdos, e a coidarse moito 😉.
Equipo docente.

App Store:

Google Play:


Entradas populares de este blog

🌞HAPPY HOLIDAYS!😎

CUENTO "LAS SIETE CABRITILLAS Y EL LOBO"-Aula A..L

Festa dos Maios en Galicia