PROPOSTA XERAL DE ACTIVIDADES 4º EI
Ola!
Neste primeiro post do blog de 4º nivel de E. Infantil preséntanse unha serie de actividades xerais que podedes facer durante o tempo de formación non presencial. Non se trata de facelas todas á vez, nin todos os días, pero valeranvos de referencia se non podedes acceder ao blog. Nel, cada día lectivo, engadiranse propostas de actividades máis concretas, recursos ou recomendacións.

• LECTURA diaria de contos. Dá igual se sabe ler ou non, abrir o libro e inventarse as historias é igual de divertido. Adiviñas, receitas, folletos… ou calquera texto que lles interese. Tanto só/soa, como coa axuda dun adulto.
 ESCRITURA. Buscar letras en contos, revistas, etiquetas, roupa... Adiviñar que pon , como se escribe, copiar palabras, nomes das persoas da familia... Cómpre transcribir convencionalmente as súas producións escritaspois aínda non ten adquirido o sistema de escritura.
• DEBUXO libre ou  dirixido, ilustrar unha canción, un conto ou un tema concreto. 
• MATEMÁTICAS. Utilizar situacións cotiás para contar obxectos habituais (froita, xoguetes, pratos, vasos,toallas, camisetas...)emparellar calcetíns, comentar a hora, os anos, a data, os números de teléfono, etc. Contar cara adiante e cara atrás. Realizar series con utensilios caseiros (ex.: culler grande, culler pequena). Escribir números. Resolver problemas fáciles do día a día. 
LEMBRADE QUE AS SITUACIÓNS FAMILIARES COTIÁS SON OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE!

Un saúdo afectuoso
TITORA DE 4º NIVEL DE E. INFANTIL

Entradas populares de este blog

🌞HAPPY HOLIDAYS!😎

CUENTO "LAS SIETE CABRITILLAS Y EL LOBO"-Aula A..L

Festa dos Maios en Galicia