Ata o luns !
Ola nenas e nenos !
Como xa sabedes, os vindeiros días non serán lectivos, así que seguiremos coa formación non presencial o luns día 23 de marzo.
Nestes días hai varias datas destacadas:
Xoves 19 de marzo: Festivo, San Xosé. Día do Pai. PARABÉNS! 👨
Venres 20 de marzo: Festivo de Centro. Tamén comeza a PRIMAVERA! 🌼
Sábado 21 de marzo: Día Mundial da Poesía. 📖
Domingo 22 de marzo: Día Mundial da Auga. 💧
En relación con algunhas destas datas propoñeranse actividades o vindeiro luns.
Se mentres queredes seguir facendo algunha actividade do colexio, podedes revisar os anteriores posts, ou tomar como referencia a Proposta xeral de actividades de 4ºnivel de Educación infantil(o primeiro post).
Aproveito para recordarvos que nós propoñemos actividades e recursos, porque seguimos traballando na vosa formación, pero non é necesario que as fagadess todas nin que fagades todas o día que as propoñemos. Escollede coa axuda da vosa familia na medida das posibilidades!
Preme aquí: Ioga con animais
Un bico grande virtual
A profe
E para pasar estes días podemos tamén estirar e relaxarnos un pouco con algo de Ioga.
A ver se podedes facer o mesmo que estos animais, ánimo!
Un bico grande virtual
A profe
